Home >>
Enlaces pueblos España >>
A Pastoriza
Última actualización 17/11/2004 17:44
Os achados de épocas prehistóricas e a existencia de numerosos castros constitúen a primeira mostra material de poboamento na zona. Da presenza romana e sueva apenas se conservan restos, excepto o ronsel antropomorfo anepígrafo, de época romana, e outros vestixios en As Coras (Reigosa), sendo o documento máis antigo o "Parroquial Suevo", composto entre 572 e 589, onde se nos fala da cristiandade britoniense.
Foi nos séculos V e VI, cando os habitantes das Illas Británicas foron obrigados a abandonar a súa patria ante o avance dos anglosaxons invasores. Unha boa parte dos fuxitivos refuxiáronse na Armónica (hoxe Bretaña), mentres outro continxente alcanzou o Noroeste peninsular, instalándose na zona montañosa que vai desde Ferrol ata Asturias.
Visitas: 353
Calificación: 0.00 (0 votos)
execution time : 0.361 sec

Print
Díselo a un amigo

No nos hacemos responsables de su contenido.